jueves, 16 de junio de 2016

Medran as eirugas. Infantil 4 anos

Como xa sabedes, os alumnos de catro e cinco anos en animación á lectura traballaron o conto: Unha eiruga moi larpeira.
Todo o alumnado de catro anos seguiu con atención o proceso de crecemento das eirugas, xa que tivemos na clase vermes de seda e poidemos comprobar de primeira man como saían dos oviños unhas diminutas eiruguiñas que a base de moito amor, coidado e sobre todo grazas ás follas de moreira, foron medrando e medrando ata facerse moi grandes e gordechas, e un bó día comenzaron a elaborar uns casulos de cor branco ou amarelos, dos que saíron unhas bolboretas medias beig que se aparearon e voltaron a poñer ovos dos que na próxima primavera saíran novos vermes e outra vez a empezar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario