martes, 21 de junio de 2016


Os animais de 5 anos

Estes días visitáronnos as nosas mascotas. Arriba vemos a coelliña Deisy de Ivan e á tartaruga Manolita coa perriña Layka. Abaixo están a  tartaruga Manuelita e Rosi.
Todos desfrutamos moito con estas visitas.
Moitas grazas ás familias que buscaron un oquiño para traernos aos animais.

domingo, 19 de junio de 2016

jueves, 16 de junio de 2016

Eirugas larpeiras. 5 anos

Os rapaciños e rapaciñas de 5 anos tamén estamos dinamizando o conto da Eiruga Larpeira, e estivemos dispostos a disfrazarnos de eiruguiña e dramatizar o conto amosando grandes dotes de actores e actrices.

Mirade como nos prestou a comidiña da eiruga!!! 

http://almacen.pbworks.com/f/eirugas.larpeiras5a16.html

Medran as eirugas. Infantil 4 anos

Como xa sabedes, os alumnos de catro e cinco anos en animación á lectura traballaron o conto: Unha eiruga moi larpeira.
Todo o alumnado de catro anos seguiu con atención o proceso de crecemento das eirugas, xa que tivemos na clase vermes de seda e poidemos comprobar de primeira man como saían dos oviños unhas diminutas eiruguiñas que a base de moito amor, coidado e sobre todo grazas ás follas de moreira, foron medrando e medrando ata facerse moi grandes e gordechas, e un bó día comenzaron a elaborar uns casulos de cor branco ou amarelos, dos que saíron unhas bolboretas medias beig que se aparearon e voltaron a poñer ovos dos que na próxima primavera saíran novos vermes e outra vez a empezar.

miércoles, 8 de junio de 2016

As eirugas do cole

A cantidade de eirugas foi cada vez a menos pois moitos nenos do centro quixeron levalas para a casa. Mirade que contentos, os maiores incluso lles facían casas nas caixas. Esta actividade implicou a gran parte da comunidade escolar.





miércoles, 25 de mayo de 2016

Bruxas, magos e as súas mascotas

Os tres cursos de Educación Infantil estamos a traballar o proxecto: Magos e bruxas. Mirade que fan os nenos de tres anos.


Todas están no casulo!

Xa todas as nosas eiruguiñas están no seu casulo e en 20 días teremos unhas fermosas mariposas!!



lunes, 16 de mayo de 2016

Letras galegas!

Polo día das letras galegas adicado a Manuel María os nenos de tres anos traballaron os seus poemas, aquí o podedes ver.

viernes, 13 de mayo de 2016

miércoles, 11 de mayo de 2016

Unha eiruga moi larpeira 3 anos

Os nenos de tres anos tamén traballaron o conto: Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle.
Mirade, mirade...


miércoles, 4 de mayo de 2016

Spiderman Saltamontes!!

Esta mañá cando chegamos un saltón estaba a comer na planta de tomates que temos na ventá da clase de 5 anos. Os nenos de 5 anos bautizárono como Spiderman Saltamontes.
Gustounos moito aínda que algún lle tiña un pouco de medo, sobre todo cando saltaba!
Despois de visitar as aulas de infantil e primeiro de primaria deixámolo libre para que seguira comendo pero non quería marchar do noso patio.



As abellas de 3 anos!

Os nenos de tres anos, coa chegada da primavera, traballaron aos insectos e non podía faltar o máis importante nesta zona: A ABELLA!
Aquí volo ensinamos.


martes, 3 de mayo de 2016

O libro das mascotas

Aquí vos ensinamos as mascotas que teñen os nenos da clase de cinco anos. Coñeceredes a Manuelita, Laika, Leo, Bimbo....

miércoles, 27 de abril de 2016

Nota ás familias

Familias: 

Os nenos e nenas de Educación Infantil están a traballar o conto Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle. Os nenos de tres anos co seu mestre e os de catro e cinco en Animación á Lectura.
Por isto no centro estamos a criar eirugas. Todos aqueles que queiran levar algunas para a casa poden traer unha caixa.
Só comen follas de moreira que hai tanto no Campiño coma no xardín da Casa Grande.  Cando medran suficiente fan capullo e tras 15-20 días saen as mariposas. Neste momento non comen, soamente poñen ovos.

Se tedes algunha dúbida preguntádenos. Moitas grazas.


lunes, 25 de abril de 2016

Animais acuáticos

Hoxe os nenos e nenas da clase de 5 anos traballaron os animais acuáticos.
Como non podía ser doutro xeito fomos a ver os peixes do acuario do noso cole, pintamos unha sardiña e puxémoslle escamas de cores para que estivera máis elegante e finalmente fomos a biblioteca a contar o conto CROCO da editorial OQO.