martes, 15 de diciembre de 2015

A que sabe a lúa?. Aula 3 anos.

Os nenos de tres anos traballaron o conto A que sabe a lúa. Coñeceron os seus animais e características.
Mirade....

miércoles, 9 de diciembre de 2015

RETRATOS DO POLO PEPE. INF. 3

Os rapaciños e rapaciñas de Inf. 3 anos fixeron o un particular retrato do seu amigo o poliño Pepe.
Coa axuda da Profe Ana en informática, por medio dun programa de tratamento de debuxos, puxémoslle o corpo de cor amarelo e o pico de cor laranxa.
Para que visualicedes os nosos debuxiños deixámosvos este libro que recolle todos os traballos.

jueves, 3 de diciembre de 2015

MURAL POLO PEPE. INF. 3

Como podedes ver fixemos moitas actividades en torno a este conto. Non podía faltar un mural donde señalamos todo o que come este poliño, e tamén dúas manualidades que elaboramos con moito esmero: o polo saíndo do cascarón e a coroa de Pepe, que estrearemos na actuación de nadal.

Deixámosvos un resumo de todo o reseñado. 
 

miércoles, 2 de diciembre de 2015

Sultán non ten microchip!! OS BOLECHAS

Chegáronnos moitos exemplares do libro dos Bolechas: Sultán non ten microchip. Que ilusión! Contámolo na clase, fixemos as actividades, xogamos.....
Este conto fixo que queiramos aprender moito sobre os animais intentaremos, incluso, visitar algunha clínica veterinara para que nos conten como se pon o microchip.