martes, 21 de junio de 2016


Os animais de 5 anos

Estes días visitáronnos as nosas mascotas. Arriba vemos a coelliña Deisy de Ivan e á tartaruga Manolita coa perriña Layka. Abaixo están a  tartaruga Manuelita e Rosi.
Todos desfrutamos moito con estas visitas.
Moitas grazas ás familias que buscaron un oquiño para traernos aos animais.

domingo, 19 de junio de 2016

jueves, 16 de junio de 2016

Eirugas larpeiras. 5 anos

Os rapaciños e rapaciñas de 5 anos tamén estamos dinamizando o conto da Eiruga Larpeira, e estivemos dispostos a disfrazarnos de eiruguiña e dramatizar o conto amosando grandes dotes de actores e actrices.

Mirade como nos prestou a comidiña da eiruga!!! 

http://almacen.pbworks.com/f/eirugas.larpeiras5a16.html

Medran as eirugas. Infantil 4 anos

Como xa sabedes, os alumnos de catro e cinco anos en animación á lectura traballaron o conto: Unha eiruga moi larpeira.
Todo o alumnado de catro anos seguiu con atención o proceso de crecemento das eirugas, xa que tivemos na clase vermes de seda e poidemos comprobar de primeira man como saían dos oviños unhas diminutas eiruguiñas que a base de moito amor, coidado e sobre todo grazas ás follas de moreira, foron medrando e medrando ata facerse moi grandes e gordechas, e un bó día comenzaron a elaborar uns casulos de cor branco ou amarelos, dos que saíron unhas bolboretas medias beig que se aparearon e voltaron a poñer ovos dos que na próxima primavera saíran novos vermes e outra vez a empezar.

miércoles, 8 de junio de 2016

As eirugas do cole

A cantidade de eirugas foi cada vez a menos pois moitos nenos do centro quixeron levalas para a casa. Mirade que contentos, os maiores incluso lles facían casas nas caixas. Esta actividade implicou a gran parte da comunidade escolar.





miércoles, 25 de mayo de 2016

Bruxas, magos e as súas mascotas

Os tres cursos de Educación Infantil estamos a traballar o proxecto: Magos e bruxas. Mirade que fan os nenos de tres anos.