miércoles, 27 de abril de 2016

Nota ás familias

Familias: 

Os nenos e nenas de Educación Infantil están a traballar o conto Unha eiruga moi larpeira de Eric Carle. Os nenos de tres anos co seu mestre e os de catro e cinco en Animación á Lectura.
Por isto no centro estamos a criar eirugas. Todos aqueles que queiran levar algunas para a casa poden traer unha caixa.
Só comen follas de moreira que hai tanto no Campiño coma no xardín da Casa Grande.  Cando medran suficiente fan capullo e tras 15-20 días saen as mariposas. Neste momento non comen, soamente poñen ovos.

Se tedes algunha dúbida preguntádenos. Moitas grazas.


lunes, 25 de abril de 2016

Animais acuáticos

Hoxe os nenos e nenas da clase de 5 anos traballaron os animais acuáticos.
Como non podía ser doutro xeito fomos a ver os peixes do acuario do noso cole, pintamos unha sardiña e puxémoslle escamas de cores para que estivera máis elegante e finalmente fomos a biblioteca a contar o conto CROCO da editorial OQO.